Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan en Santiago o home de 43 anos que desaparecera este luns en Lalín

Atopan en Santiago o home de 43 anos que desaparecera este luns en Lalín

O home foi localizado en bo estado na capital galega

G24.gal 07/12/2022 10:54

A Asociación SOS Desaparecidos desactivou a alerta por desaparición dun home de 43 anos que buscaban desde o pasado luns na localidade pontevedresa de Lalín, xa que apareceu en Santiago de Compostela.

Tal como informou esa organización, o home, de 43 anos e 1,80 metros de altura, era buscado desde o pasado luns 5 de decembro. Os datos facilitados por SOS Desaparecidos, entre os cales se atopaban, ademais dunha descrición detallada, a roupa con que foi visto por última vez, foron determinantes para atopar o varón. O home foi localizado en bo estado na capital galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade