Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan con vida unha octoxenaria de Carballo que levaba vinte horas desaparecida

Atopan con vida unha octoxenaria de Carballo que levaba vinte horas desaparecida

Apareceu tirada nunha braña, con síntomas de hipotermia e cun golpe na cadeira

Foi evacuada a un centro médico para un recoñecemento médico

G24.gal 12/04/2024 13:57

Bágoas de emoción e nervios na parroquia carballesa de Oza Vella tras saber que Azucena apareceu con vida.

"A noite fíxose longa, pero pagou a pena", di Patricia Brandón, a neta de Azucena. "Saber que apareceu viva, déixanos moi contentos", comenta unha veciña.

Unha sobriña deu con Azucena nunha braña, a un quilómetro da casa.

"Moi lonxe non podía estar porque ela tiña problemas de mobilidade. Pero mira que pasamos veces pola zona onde estaba e non a vimos", engade Patricia Brandón.

Azucena Anido, de 84 anos, faltaba da casa desde a primeira hora da tarde deste xoves. Pouco despois activouse un amplo dispositivo de busca.

"Amais das patrullas da Garda Civil, incluído o Seprona, participou a Policía Local, Protección Civil e moitos familiares e veciños, unha axuda moi importante", explica Jesús Ramón Viaño Calviño, capitán da Garda Civil de Carballo.

Un rastrexo sen descanso que, contra as dez da mañá, daba os seus froitos.

"Ela está ben. Dixéronnos que tiña síntomas de hipotermia e un golpe na cadeira", di Patricia Brandón.

"Foi evacuada a un centro médico para facerlle un recoñecemento", conclúe Jesús Ramón Viaño. 

Unha vez reciba a alta médica, Azucena terminará de recuperarse na casa cos aloumiños dos seus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar