Cargando resultados...
Atopa un home morto en Burela cando ía ensinar a casa
A responsable da inmobiliaria avisou a Garda Civil cando descubriu o cadáver
O falecido, un veciño de Pontedeume, duns 60 anos, non presentaba signos de violencia
G24.gal
11/02/2023 20:21
Última actualización 11/02/2023 20:37
Un home aparece morto nun piso en Burela cando a xerente dunha axencia inmobiliaria ía ensinar a vivenda.
O finado, ao parecer, era o dono do piso. Trátase dun veciño de Pontedeume, duns sesenta anos.
O seu corpo non presentaba signos de violencia polo que todo apunta a que o falecemento puido deberse a causas naturais, sen que transcendese cando tivo lugar a morte.
A responsable da inmobiliaria deu aviso á Garda Civil, que se ocupou do traslado do corpo.
A morte do home non foi advertida polo resto de veciños no edificio, xa que era pouco coñecido na zona.