Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atlético e Barcelona culminan unha Liga de Campións grotesca

Atlético e Barcelona culminan unha Liga de Campións grotesca

O Barcelona chegaba eliminado ao partido do Bayern, ante o que perdeu por 0-3

O Atlético fallou un penalti co partido rematado (2-2), queda eliminado da Champions e disputará a presenza na Europa League na última xornada

G24.gal 26/10/2022 22:37

O Barcelona afrontou o partido do Bayern sabendo do triunfo do Inter e da súa eliminación na Liga de Campións. Coa derrota por 0-3 culminou unha Liga de Campións grotesca na que puxeran todas as esperanzas despois de hipotecar o club durante este verán. 

Os goles de Mané e Choupo Moting no primeiro tempo quitáronlle a máscara a un equipo sen ilusión consciente de que fían todo á Liga española e de que terán unha opción moito menor na Europa League. Pavard pechou o resultado co terceiro gol no engadido. 

O Atlético queda sen Champions e terá que pelexar pola Europa League

O Atlético de Madrid precisaba o triunfo ante do Leverkusen para chegar con posibilidades á última xornada ante o Porto. O empate final (2-2) deixa o equipo de Simeone eliminado da Champions e terá que xogar a presenza na Europa League na última xornada. 

O Atlético foi sempre a remolque logo do gol de Diaby no 9. Empatou Carrasco (minuto 22), pero Hudson Odoi volveu adiantar o equipo de Xabi Alonso no 29.

Na segunda parte empatou De Paul no 50'. Os madrileños apelaron á garra pero foron incapaces de marcar un segundo gol. A situación máis surrealista chegou co partido rematado, cando o árbitro revisou unha xogada de VAR e asubiou penalti. O lanzamento fallouno Carrasco e o rexeitamento mandouno Saúl ao traveseiro nun dos finais máis incribles da historia da Champions.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade