Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atascos no principal acceso á cidade de Ourense por obras

Atascos no principal acceso á cidade de Ourense por obras

A Policía Local pide empregar itinerarios alternativos

As obras de mellora do firme durarán polo menos unha semana

G24.gal 10/02/2022 13:41

As obras de mellora do firme da rúa Pardo de Cela, principal entrada e saída á cidade de Ourense, obriga a facer cortes de tráfico alternos dos diferentes carrís e os accesos a diferentes rúas cara o barrio do Couto.

A Policía Local pídelles aos condutores paciencia e que empreguen os itinerarios alternativos habilitados, para evitar colapsos insisten en que o mellor é non pasar pola zona. Cortes que están a provocar atascos de ata 15 minutos que xa están a desesperar os condutores.

Molestos os condutores, os donos dos comercios por unhas obras que por outro lado consideran moi necesarias, o firme estaba moi danado despois da reparación das beirarrúas e a zona precisaba dunha actuación urxente.

A Policía Local reforzou o control nesta zona para axilizar o tráfico todo o posible. Os cortes continuarán como mínimo unha semana máis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade