Publicador de contidos
Publicador de contidos

O colectivo LGTBI Avante denuncia un delito de odio contra a súa sede en Vigo

O colectivo LGTBI Avante denuncia un delito de odio contra a súa sede en Vigo

Realizaron pintadas no enreixado e inutilizaron a pechadura con pegamento

G24.gal 25/06/2024 14:45

O centro LGTBI de Vigo, situado en Fragoso, volveu ser o punto de mira da intolerancia e a falta de respecto. No enreixado uns descoñecidos plasmaron pintadas con mensaxes transfóbicas. E non se conformaron con iso. Tamén inutilizaron a pechadura.  

Non leva nin dous meses aberto e xa sufriron varios actos vandálicos. Os membros da asociación AVANTE que se encargan do centro, denunciaron este último ataque ante a policía. Din que non se van deixar amedrentar, porque cren necesario este punto de encontro para o colectivo. 

Xa limparon as pintadas e arranxaron a pechadura, para poder continuar coas súas actividades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade