Aspas estoupa contra os árbitros: "Cando queremos sacar a cabeza afúndennos máis"
Benítez: "Imos ter que falar coa NASA para ver que intensidade de agarrón é penalti"
Indignados, desesperados, irónicos... Cada xogador ou adestrador do Celta intenta asumir unha situación anómala do mellor xeito posible logo de ver como, unha xornada máis, o VAR se convertía en xuíz protagonista do seu partido cunha decisión moi controvertida.
Aspas: "Cando queremos sacar a cabeza afúndennos máis".
Benítez: "Hai penalti e xa está, todo o demais é o que xeramos no fútbol moderno, e estamos indo cara atrás".
O adestrador non comprendía a decisión que volveu tomar Prieto Iglesias desde a sala VAR, o mesmo que anulara o gol nas Palmas por unha acción moi semellante.
"Xa non sei o que é falta ou non".
"Fomos falar co Comité Técnico en plan amigable, fixéronse 2.000 comunicados, máis non podemos facer".