Aspas: "Fainos falta calidade, díxeno en agosto, díxeno en xaneiro e non se emendou"
Pensa xogar ante o Barcelona aínda que sexa "en cadeira de rodas"
Iago Aspas pasou polos micrófonos de Movistar LaLiga ao final do partido para analizar unha nova derrota do Celta, que lle condena a pelexar pola permanencia na última xornada:
“Xa nos pasou hai uns anos, dúas tempadas seguidas, a última a do covid, xogándonos en casa do Español. Pero esta vez temos que xogalo en casa, contra o campión, non se xoga nada salvo a honra. Hai que tentar gañar para sacar os tres puntos, temos que facer o mesmo que o Valladolid para salvarnos”, apuntou.
O moañés foi autocrítico:
"Fainos falta calidade, díxeno en agosto, díxeno en xaneiro, non se emendou e agora temos que gañar na última xornada. Non queda outra”.
Con respecto ao seu estado físico, explicou que leva “tres semanas moi fodido, pero hai que botar unha man ao equipo. Agora a descansar, tratarme cos fisios para axudar ao equipo. Se fai falta en cadeira de rodas”, sinalou.