Asinan un convenio para construír unha ponte peonil entre As Neves e Monção
Está previsto que as obras comecen dentro dun ano
Os concellos das Neves e Monção avanzan no seu propósito de unir as dúas beiras do Miño cunha ponte peonil sobre o río.
Para iso a Deputación de Pontevedra e a Cámara Municipal de Monção acaban de asinar o convenio para a redacción do proxecto.
Está previsto que nun ano comece a construción da ponte.
O obxectivo da infraestrutura é que peóns e ciclistas poidan cruzar o novo nexo de unión entre Galicia e Portugal.
A ponte unirá o lugar da Estación, no concello das Neves, coa freguesía da Bela, en Monção.
Para o veciños será un elemento dinamizador para a súa mobilidade entre as dúas beiras do Miño.
A Deputación de Pontevedra e o Concello das Neves asinaron o convenio para a redacción do proxecto que sentará as bases da futura ponte que está previsto que comece a construírse nun ano.
Serán arredor de cen metros de ponte para favorecer a mobilidade sostible, mellorando a calidade de vida dos veciños e o desenvolvemento económico e social da zona.