Publicador de contidos
Publicador de contidos

O novo bacharelato permitirá obter o título cunha materia pendente

O novo bacharelato permitirá obter o título cunha materia pendente

Haberá cinco modalidades

O novo modelo implantarase na promoción 2022-2024

G24.gal 04/04/2022 21:45

Novo currículo de bacharelato, que pasa a cinco modalidades. Haberá novas materias, será posible pasar do primeiro ao segundo curso con dúas suspensas e obter o título cunha materia pendente.

Igual que no resto de currículos xa aprobados durante este ano (infantil, primaria e secundaria), o Ministerio de Educación só fixa os ensinos mínimos (os saberes básicos de cada materia e as horas que hai que dedicarlle): o 60 % para as comunidades autónomas sen lingua cooficial e o 50 % para as que si a teñen.

Á diferenza co novo currículo da ESO, no bacharelato si que haberá exames de recuperación. Ademais, poderá completarse en tres anos se ocorren determinadas circunstancias: se cursan a etapa simultaneamente con ensinanzas profesionais de música, se son deportistas de alto nivel ou se precisan unha atención extraordinaria por algunha necesidade de apoio educativo.

Tamén se modifica o estudo da materia Historia de España, que se limitará desde o 1812 cara adiante. Por primeira vez haberá unha modalidade de Bacharelato Xeral e manteranse as de Ciencia e Tecnoloxía, e Humanidades e Ciencias Sociais. A rama de Artes dividirase en Artes Plásticas, Imaxe e Deseño e Música e Artes Escénicas.

Haberá novas materias, como economía, emprendemento e actividade empresarial, cultura audiovisual e historia da filosofía.

As materias comúns no primeiro curso serán: educación física, filosofía, lingua castelá e literatura, lingua estranxeira e lingua cooficial e literatura nas comunidades autónomas en que haxa. No segundo curso serán: historia da filosofía, historia de España, lingua castelá e literatura, lingua estranxeira e lingua cooficial e literatura nas comunidades autónomas en que haxa.

Os alumnos pasarán de primeiro a segundo cando superen as materias cursadas ou teñan, como máximo, dúas materias suspensas. En todo caso, deberán matricularse en segundo das materias pendentes de primeiro.

A avaliación será agora continua e diferenciada segundo as distintas materias. O profesorado de cada materia decidirá a final de curso se o alumno logrou as competencias axeitadas.

Ademais, as horas por contidos básicos repartiranse da seguinte maneira: 35 horas de educación física, 70 horas de filosofía, 70 horas de historia da filosofía, 70 horas de historia de España, 210 horas de lingua castelá e literatura, 210 horas de lingua estranxeira e nas materias propia da modalidade 87 horas e media cada unha.

As novidades aplicaranse na promoción 2022-2024. Isto quere dicir que os alumnos que cursen segundo no ano 2022 manterán o modelo actual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade