Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asasinan un empresario sevillano cun tiro na cabeza en República Dominicana

Asasinan un empresario sevillano cun tiro na cabeza en República Dominicana

A policía e a Fiscalía dominicana investigan as circunstancias do crime

Imaxe de Ramón Torres Imaxe de Ramón Torres
G24.gal 22/09/2025 22:57 Última actualización 22/09/2025 23:23

Un empresario de Sevilla apareceu morto este fin de semana en República Dominicana.

O home foi asasinado a tiros.

A vítima é Antonio Jiménez, de 59 anos. El e a súa parella rexentaban un viveiro en Sevilla.

O seu corpo apareceu no interior dun vehículo cun disparo na cabeza.

A policía dominicana está investigando o suceso pero polo de agora non deu máis datos.

O achado produciuse nunha zona afastada, nun camiño rural.

Crese que o corpo levaba alí máis de dez horas cando o atoparon.

As autoridades do país investigan as circunstancias do crime, que polo momento permanecen sen esclarecer.

A parella do asasinado é dominicana e era frecuente que viaxara a ese país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade