Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asaltan a igrexa de Padrón e arramplan cunha pesada caixa forte

Asaltan a igrexa de Padrón e arramplan cunha pesada caixa forte

A sancristá valora o botín nuns cinco mil euros e explica que puido ser aínda maior

Imaxe do espazo que ocupaba a caixa forte que levaron os asaltantes da igrexa de Santiago, en Padrón
G24.gal 12/04/2022 13:49

Todo apunta a que foi un asalto estudado e no que participaron varios individuos. É o que sospeitan os dous veciños que alertaron do feito cando empezaban o seu traballo este luns. O roubo foi de madrugada e os autores acabaron cargando cunha caixa forte que, segundo din, podería pesar catro mil quilos.

Ademais deixaron importantes estragos, como relata a sancristá, Rosa Blanco Susavila, en ausencia do párroco, que está convalecente de covid:

"Estaba todo revolto. Levaron a caixa, moito roto, pechaduras rotas. Intentaton entrar por aquí e non puideron, porque estaba a tranca por dentro e foron á porta lateral. Forzárona. Entraron e forzaron estoutra, esta da oficina do cura, e logo xa forzaron todo iso e levaron todo o que encontraron".

Coñecedores da videvixilancia no interior do templo, os ladróns arramplaron tamén co disco duro e con outro equipo para non deixar ningunha imaxe da súa acción.
Rosa explica que a perda puido ser maior do que foi:

"Sorte que o Domingo de Ramos sacamos (da caixa forte) cousas moi importantes para a celebración. Limpeinas e deixeinas noutro lado para gardalas ao día seguinte.
Ás veces unha non sabe se están mellor gardados se fóra. Iso salvouse. Levaron o que había dentro entre cartos, que tamén había fóra da caixa, e levaron todo".

Preguntamos polo valor do que levaron e a sancristá di que "sobre uns cinco mil euros". 

Na mesma madrugada foi asaltado o convento do Carme, de onde levaron a recadación das lámpadas, e tamén a oficina de servizos sociais. Deste edificio do Concello, situado onda a igrexa asaltada, levaron dous ordenadores e dous teléfonos móbiles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade