Publicador de contidos

Publicador de contidos

As vilas mariñeiras celebran o día do Carme

As vilas mariñeiras celebran o día do Carme

Misas, procesións e ofrendas florais para honrar a patroa dos mariñeiros

Camariñas celebra a súa Danza de Arcos 

Celebración do día do Carme en Sada
G24.gal 16/07/2022 21:26 Última actualización 16/07/2022 21:41

A Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, volveu saír ao mar, despois de dous anos, a ombreiros daqueles que se consagran a ela antes de cada marea.

A Salve Mariñeira acompañou as procesións por terra e auga, e en Camariñas os danzantes, representaron a súa homenaxe particular á patroa debaixo dos arcos engalanados e atravesaron a ría ata Muxía como mostra dunha rivalidade festeira que se repetirá nunhas  semanas en rumbo contrario.

O que non falta nesta xornada son as ofrendas florais nas rías. Os barcos en roda deixan no mar as rosas polos que perderon a vida nel, mentres as buguinas fan estremecer co seu estrondo as augas nas que traballan cada día.

Bueu, Sada ou Marín celebraron tamén as súas procesións vespertinas e desta hora en calquera vila ou parroquia costeira a festa continúa xa a outro son, o das orquestras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar