As últimas alertas por temporal na costa deixan importantes destrozos no litoral galego
Nas Rías Baixas a forte oleaxe fixo desaparecer a praia de Panxón e causou importantes destrozos no paseo que permanece pechado
En Vigo, na praia de Samil, a area cubriu completamente o bulevar.
Unha imaxe difícil de imaxinar para moitos. A forte oleaxe rompe a calma habitual do mar en Panxón.
Aquí a praia desapareceu por completo e os destrozos no paseo, que permanece pechado, son cuantiosos. A oleaxe tirou a baranda e rompeu as lousas.
En Praia América o mar axitado e o vento levaron boa parte das dunas e soterraron parte do paseo.
Tamén chama a atención esta imaxe. O paseo de Samil quedou totalmente cuberto por un manto da area, e o desnivel coa praia desapareceu.
Desde os concellos afectados piden moita prudencia e agardan o paso das borrascas para poder valorar e reparar os danos causados.