Publicador de contidos
Publicador de contidos

As tormentas provocan inundacións e danos nas colleitas no sur de Aragón

As tormentas provocan inundacións e danos nas colleitas no sur de Aragón

Na localidade turolense de Burbáguena a riada obrigou a cortar o tráfico pola estrada nacional durante varias horas

G24.gal 30/08/2024 13:28

As tormentas deixan inundacións e danos no mobiliario urbano e colleitas en varias comarcas de Aragón.

As fortes treboadas rexistradas nas comarcas aragonesas de Campo de Daroca e Jiloca provocaron riadas que ocuparon barrancos e rúas, derrubaron muros e árbores e anegaron os campos estragando as colleitas. “A primeira vez que choveu chegamos aos corenta, e a segunda vez caeron outros vinte, levamos case setenta litros”.

A forza da auga arrastrou gran cantidade de material, pedras e lodo, o que obrigou a cortar ao tráfico na estrada nacional ao seu paso pola localidade turolense de Burbáguena. A chuvia e a pedra causaron tamén danos en varias vivendas.

"A pedra pegou nos cristais e rompeu os dun balcón". "Empezou a chover e a chover, e a recoller auga dentro de casa que tiñamos goteiras e de todo".

As previsións meteorolóxicas non dan tregua ás comarcas aragonesas e anuncian máis tormentas que serán especialmente importantes no Perineo oscense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar