Publicador de contidos
Publicador de contidos

As subas do SMI, boas só para algúns, por Venancio Salcines

OPINIÓN

As subas do SMI, boas só para algúns, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 27/11/2024 08:04

As subidas do SMI, permanentes no seu obxectivo de acadar o 60 % do salario medio, xa están estudadas. É certo que non  xeran desemprego pero é igualmente certo que, a excepción de Madrid, Cataluña, País Vasco e Navarra, para trece autonomías está por enriba da meta europea, é dicir, impacta e impacta de modo importante. En Galicia está preto do 70 % do salario medio, igual que A Rioxa, Castela León, Castela-A Mancha ou Andalucía, e supera esa porcentaxe en Estremadura e en Canarias.

Os seus efectos negativos máis importantes están no emprego rural, onde os salarios medios son mais baixos e especialmente afecta os desempregados con menor cualificación, especialmente os mozos sen estudos. A este colectivo, que ademais sente a presión da inmigración de cualificación media, aféctalle con moitísima dureza. O que debería levarnos a xerar instrumentos de inserción destes colectivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar