Publicador de contidos

Publicador de contidos

As Somozas terá a maior planta de Omega 3 de España

As Somozas terá a maior planta de Omega 3 de España

Comezará a funcionar antes do vindeiro verán

G24.gal 04/10/2022 16:48

Ata 100 empregos, unha parcela de 28.800 metros cadrados de superficie e unha capacidade por encima das 10.000 toneladas anuais, converterán desde 2023 á planta que a empresa Iffe Futura constrúe nas Somozas na máis grande de España de produción de omega-3.

Representantes públicos como o vicepresidente económico da Xunta de Galicia, Francisco Conde, acudiron este martes a unha xornada de presentación das instalacións.

O conselleiro delegado da firma galega, David Carro, confirmou que a súa apertura está prevista para dentro de oito meses, antes do verán do 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade