As rúas das cidades énchense de cor, música e baile cos desfiles de Entroido
Na Coruña incribíronse 25 comparsas e agrupacións para competir nas modalidades de vestiario, coreografías e carrozas. A cidade prepárase para o día grande, o martes da invasión choqueira na rúa da Torre.
En Vigo participan unha vintena de comparsas da cidade e tamén dos concellos próximos
Desfile de entroido na Coruña trala entronización do Dios Momo na praza das Atochas. As comparsas e agrupacións saíron ás seis da tarde de San Andrés, debido a previsión de vento fortena cidade Herculina, para rematar na praza de María Pita.
Neste desfile de 2026, incribíronse 25 comparsas e agrupacións para participar no concurso e competir nas modalidades de vestiario, coreografías e carrozas. En total repartíronse 50 premios entre os concursantes, cun importe total de 20.000 euros.
E amais da musica de carrozas e comparsas, destacar a actuación de Farra Fanfarra en María Pita e tamén nas rúas da contorna durante a celebración do desfile.
Como cada ano, o desfile de entroido obrigou a cortar varias rúas da cidade, e grandes e pequenos encheron rúas e beirarrúas para gozar do desfile.
O Entroido da Coruña despegou e todo o mundo está convidado á viaxe. Puidemos escoller destino: descubrir o Exipto dos faraóns, explorar selvas profundas ou mergullármonos nas profundidades dos océanos, as paisaxes cambian ao ritmo que marcan as comparsas. É imperdoable non bailar nesa festa en que cabe todo o imaxinable, princesas e superheroes, fauna e flora de todos os continentes ou cintas analóxicas de música superadas pola revolución dixital.
A Coruña vive o Entroido intensamente e prepárase a base de xolda para o seu día grande. O martes choqueiro quece motores na rúa da Torre.
Desfile de Entroido en Vigo
Este sábado é un dos días grandes no Entroido de Vigo. Ás seis da tarde comezaba o desfile de comparsas na rotonda de Isaac Peral. O percorrido continuo por García Barbón e Colón para rematar na Praza de Compostela. Pero a festa xa comezou antes para animar grandes e pequenos. Desde as cinco da tarde o Concello xa tiña organizada tamén a animación na rúa do Príncipe.
Participan no desfile deste Entroido 2026 case unha vintena de agrupacións, moitas delas dos diferentes barrios de Vigo pero tamén participan outros concellos próximos á cidade Olívica, que son clásico habituais nos desfiles de todos os anos.
Una vez máis, vigueses e visitantes, gozan dunha cidade viva chea de musica, baile e cor.
Desfile de Entroido en Vigo este sábado