Publicador de contidos
Publicador de contidos

As Rías Baixas viven unha fin de semana de verán e chegan ata os 26 graos

As Rías Baixas viven unha fin de semana de verán e chegan ata os 26 graos

A partir deste luns as temperaturas serán máis propias da primavera 

G24.gal 21/04/2024 20:16 Última actualización 21/04/2024 20:35

Galicia volveu marcar as máximas de España e na zona do litoral aproveitouse este domingo para estar na praia... á espera de cambios no tempo. As Rías Baixas viviron a segunda fin de semana deste verán en primavera.

Mirase un a Silgar, a praia urbana de Sanxenxo, ao seu paseo; mirase ao areal da Lanzada e a súa contorna, ou á tantas veces ateigada praia de Samil, a imaxe era a mesma: sol espléndido, ceo azul sen nubes, 25 graos de temperatura e xente desfrutando do domingo. 

E chega o luns, e non só a hora de traballar. Volve a primavera en primavera, haberá sol, ceo azul, pero as temperaturas baixarán ata os 20 graos e non veremos as imaxes que protagonizaron esta fin de semana deste verán en primavera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade