Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegan as primeiras sardiñas ao mercado, a un prezo de entre 7 e 9 euros o quilo

Chegan as primeiras sardiñas ao mercado, a un prezo de entre 7 e 9 euros o quilo

O prezo en lonxa acada os 2,5 euros de media e dobra o do ano pasado

G24.gal 06/04/2022 14:03

Comeza a campaña da sardiña, cun valor en primeira venda de arredor de dous euros e medio, o que vén sendo o dobre que o ano pasado.

Nestas primeiras horas de venda ao público, aquí no mercado do Calvario de Vigo atopamos prezos que van dos 7 aos 9 euros o quilo dun produto que, segundo os peixeiros e peixeiras xa é de moi boa calidade, a pesar de que aparece case un mes antes da súa temporada habitual. Por iso tamén os consumidores son os primeiros sorprendidos por atopar sardiña xa á venda nas prazas. 

As primeiras sardiñas da temporada madrugan nos mostradores do peixe. 

Nas lonxas, o prezo dobra o do ano pasado e sitúase arredor dos 2,5 euros de media. Ata os consumidores o valor non supera os 9 euros o quilo. 

A frota do cerco pedira adiantar a campaña un mes antes do habitual para aproveitar o bo estado do caladoiro, despois de anos de restricións nas capturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos