Cargando resultados...
As prazas de abastos, un atrativo para os turistas
O que máis chama a atención é o marisco
G24.gal
28/07/2022 14:33
Entre os moitos atractivos que ofrecen as cidades aos turistas xa están as prazas de abastos. É o caso desta, a praza de Lugo, lugar de compra habitual para centos de coruñeses, que porén, en determinadas épocas do ano, como pode ser agora, durante o verán, se transforma como parte da ruta turística que nos ofrece a cidade. E, de feito, moitos xa teñen claro que o mellor souvenir que poden mercar do seu paso pola cidade é o produto galego. E aquí o marisco e o peixe levan a palma.