Publicador de contidos
Publicador de contidos

As Peñas do Lugo preparan a homenaxe a Pita, Seoane e Iriome

As Peñas do Lugo preparan a homenaxe a Pita, Seoane e Iriome

G24.gal 28/05/2022 14:44

O Anxo Carro vai ser o escenario do último baile de Pita, Seoane e Iriome coa camiseta do Lugo. Para elo, a Federación de Peñas, coordinada por Román Sánchez, organizou unha serie de actos cos que despedir os tres capitáns branco e vermellos. Entre os afeccionados, a figura dos tres xogadores transcende do meramente deportivo.

Román Sánchez, coordinador da Federación de Peñas: "Din en América do Sur que un elefante non se substitúe con mil ratos, son figuras tan importantes na nosa historia que vai ser imposible reemprazalas, poderán vir outros xogadores, pero traxectorias tan longas xa non se dan".

Edgar Marentes, Peña Luguismo: "Ninguén na historia do Lugo deu tanto polo club como deron eles, a mostra de luguismo, de ser do Lugo, de que non che importe nada máis que o teu sentimento e iso para nós vale moito, aquí en Lugo nunca pasou tal cousa, nunca tanta xente estivo tantos anos, e que ata me emociono un pouco".

Marcos Porto, Peña A Campiña: "Levan sendo os piares fundamentais do equipo desde que se ascendeu, Pita xa estaba antes do ascenso, penso que foron a base do equipo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade