Publicador de contidos

Publicador de contidos

As pantallas do Entroido de Xinzo xa están case preparadas

As pantallas do Entroido de Xinzo xa están case preparadas

A máscara tradicional leva dende feltro ata cartón e fariña de trigo

Utilizaranse nos catro días grandes da festa

G24.gal 02/02/2023 20:23 Última actualización 02/02/2023 20:42

Para quen aínda non o saiba, as pantallas de Xinzo son as máscaras tradicionais do Entroido da Limia.

Manter o método tradicional de elaboralas é o obxectivo deste obradoiro, onde seguen fielmente e paso a paso as técnicas centenarias que usaban os seus devanceiros. 

Os alumnos do obradoiro levan dende setembro dedicando varias horas á semana para teren as pantallas listas.

A cantidade de elementos que se utilizan e a complexidade das técnicas fan destas particulares máscaras unhas pezas moi especiais.

Hoxe estendeuse o uso de pantallas só de cartón ou ata de plástico pero quen sente realmente o Entroido de Xinzo asegura que non hai nada comparable á sensación de construír e levar posta unha pantalla artesá.

Unha vez rematadas, as pantallas van lucir polas rúas de Xinzo nos catro días principais do Éntroido da capital da Limia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar