Publicador de contidos

Publicador de contidos

As Palmas - Deportivo, ás 18:30 hs na TVG

As Palmas - Deportivo, ás 18:30 hs na TVG

Os dous equipos teñen como obxectivo o ascenso

As Palmas vai de segundo e o Deportivo de sexto

Con catro puntos de diferencia na clasificación

G24.gal 10/01/2026 13:18 Última actualización 10/01/2026 19:07

Partido grande o desta tarde no estadio Gran Canaria. O Deportivo intentará reencontrar o rumbo perdido nas últimas xornadas. Tres derrotas e un empate cun alto custo na clasificación e na confianza do equipo brancoazul.  Pero para gañar hai que coidar certos detalles que marcan os resultados. O equilibrio e o outro fútbol.

Coa baixa de Loureiro afrontará o Deportivo un choque moi esixente. As Palmas ocupa a segunda praza, con 37 puntos, catro máis que os coruñeses, que son sextos. Os de Luis García veñen de dúas vitorias seguidas e son os menos goleados da segunda división.

A última visita do Deportivo ao Gran Canaria foi en 2019. As Palmas gañou daquela por tres a cero. E un tal Pedri González, hoxe estrela do Barcelona, foi a gran figura do encontro con dúas asistencias. Esta tarde tamén haberá calidade sobre o céspede. Seguro que veremos un gran partido na primeira canle da Televisión de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade