Publicador de contidos

Publicador de contidos

As obras nos túneles da A-6 en Pedrafita obrigarán a desviar o tráfico pola Nacional esta semana

As obras nos túneles da A-6 en Pedrafita obrigarán a desviar o tráfico pola Nacional esta semana

Os cortes afectarán a ambos sentidos e serán as noites do 22, 23, 24 e 25 de setembro de 22:00 a 06:00 horas

O Ministerio de Trasportes está executando os traballos de mellora en catro túneles de Pedrafita do Cebreiro e noutros tres da provincia de León, todos na A-6

O do Cereixal é un dos túneles en obras O do Cereixal é un dos túneles en obras
G24.gal 22/09/2025 18:59

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible informou de que as obras de mellora e modernización que está a realizar en varios túneles do porto de Pedrafita do Cebreiro, no trazado da autovía do Noroeste, a A-6, afectarán o tráfico en ambos sentidos desde este luns ata o xoves, día 25, en horario nocturno.

Segundo a información que facilitou o ministerio mediante un comunicado, as obras provocarán consecuencias no tráfico, debidamente sinalizadas e con desvíos provisionais a través da estrada Nacional VI, as noites do 22, 23, 24 e 25 de setembro, de 22:00 a 06:00 horas, entre Lugo e León.

Neste momento, Transportes está a executar as obras de mellora e modernización de varios túneles do porto de Pedrafita, entre os quilómetros 407 e 464,5 da autovía A-6. Son os do Cereixal, Doncos, San Pedro e Pedrafita, na provincia de Lugo. Na de León son os de Trabadelo, A Escrita e Villafranca.

Estas obras contan cun orzamento global de 22,7 millóns de euros, financiado con cargo aos fondos europeos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Entre as actuacións previstas inclúese a adecuación e renovación dos sistemas de ventilación dos túneles, traballos que levarán a cabo durante estas catro noites en Trabadelo e Pedrafita.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade