Publicador de contidos
Publicador de contidos

As novas tecnoloxías permiten identificar novos campamentos militares romanos en Lugo

As novas tecnoloxías permiten identificar novos campamentos militares romanos en Lugo

Son 7 posibles campamentos identificados mediante a combinación de imaxes aéreas e de satélite e tecnoloxía LiDAR

Tres ofrecen unha alta fiabilidade de que existiron: un en Friol, outro en Cospeito e un terceiro en Riotorto

G24.gal 20/02/2024 13:41

Un grupo de investigadores galegos e asturianos conseguiron localizar ata sete posibles campamentos militares romanos na provincia de Lugo. Os novos recintos foron identificados mediante a combinación de imaxes aéreas e de satélite e tecnoloxía LiDAR. 

O uso do LiDAR está a revolucionar o mundo da arqueoloxía, permitindo cartografar dende o aire, mediante pulsos de luz, construcións e estruturas ocultas baixo a vexetación. Combinando este sistema co máis tradicional de fotografías aéreas e de satélite, un grupo de investigadores lograron identificar ata sete posibles campamentos romanos na provincia de Lugo.
O paso do tempo, as novas construcións e o uso agrícola impide descubrir os restos dende terra. 

Andrés Menéndez investigador da Universidade de Oviedo conta que estas axudas tecnolóxicas serven para detectar sobre o terreo anomalías que non se ven ben dende a superficie. Vistas dende arriba vemos mellor formas e relevos pequenos que poden responder a elementos arqueolóxicos. 

Dos sete posibles campamentos, tres ofrecen unha alta fiabilidade de que existiron. Un en Friol e é posible que tivese un aspecto similar a esta reconstrución que os veciños realizan para o Friulio. Outro en Cospeito e outro en Riotorto. Este último sería o de maior dimensión.

Di Andrés Menéndez que aínda non poden situar os campamentos no contexto que foron construídos. No momento da conquista romana ou para procesos posteriores como poñer en marcha a minería de ouro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade