Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nova PAC beneficia as pequenas e medianas explotacións, as maioritarias en Galicia

A nova PAC beneficia as pequenas e medianas explotacións, as maioritarias en Galicia

O sector galego rexeita as esixencias medioambientais porque non se adaptan a realidade das suas explotacións e prexudica as intensivas como as de vacún de leite

As explotacións de vacún de leite perxudicadas pola nova PAC
G24.gal 23/11/2021 14:23

O sector analiza polo miúdo a repartición dos fondos da nova PAC. Por primeira vez ponse un tope a cobrar polo que aumenta a contía a repartir entre as pequenas e medianas explotacións, que representan o 90 % do sector agrario galego.

"En Galicia hai poucas explotacións que pasen o tope, as que se pasen cobrarán menos, e o que non reciben esas explotacións computa na repartición das restantes", explica Iván Raposo de Unión Agrarias.

O punto polémico da reforma chega coas novas esixencias medioambientais. As prácticas que bonifica a nova PAC non se axustan á realidade das explotacións galegas e prexudican as que traballan cun modelo de produción intensivo como as de vacún de leite.

O conselleiro do Medio Rural, José González, dixo que defenderán que "na PAC se respecten as peculiaridades das nosas explotacións", xa que, engadiu, "moitas delas son con base territorial, a nosa gandería de vacún de leite tamén ten base territorial, e os nosos gandeiros non necesitan que lles aprendan os requirimentos medioambientais".

A nova PAC tamén incentiva a incorporación de xente nova e a integración da muller nas explotacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade