Publicador de contidos

Publicador de contidos

As murgas volven soar no Entroido pontevedrés

As murgas volven soar no Entroido pontevedrés

Unha das agrupacións que xa están ensaiando é Equipo Ja

G24.gal 10/02/2022 22:15

O Entroido deste ano será aínda un pouco descafeinado, pero algúns concellos recuperan actos que quedaran suspendidos pola pandemia. En Pontevedra, por exemplo, as murgas volven á carga.

As agrupacións xa ensaian para o concurso de Entroido. Unha delas é Equipo Ja, que gardan o seu repertorio como un segredo de Estado. A parada foi dura para eles porque o Entroido forma parte das súas  vidas e reforza lazos de amizade.

Pero din que regresan con máis ilusión ca nunca. Se nos primeiros ensaios xa rouban sorrisos e fan bailar os pés, todo iso multiplicarase na fin de semana de Entroido no Concurso de Murgas de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade