Publicador de contidos
Publicador de contidos

As mulleres son máis belixerantes porque carecen de pene: a polémica que rodea o novo presidente do Parlamento balear

As mulleres son máis belixerantes porque carecen de pene: a polémica que rodea o novo presidente do Parlamento balear

Contra o feminismo, o colectivo LGTBI, negacionista da covid e do cambio climático

O novo presidente do Parlamento balear, de Vox, chega ao cargo rodeado de polémica O novo presidente do Parlamento balear, de Vox, chega ao cargo rodeado de polémica
G24.gal 20/06/2023 17:11 Última actualización 20/06/2023 18:26

O deputado de Vox Gabriel Lle Senne foi designado cos votos do PP e do seu partido, que suman a maioría absoluta na cámara, presidente do Parlament balear para a undécima lexislatura autonómica.

En cumprimento do pacto para a investidura como presidenta do Govern da líder do PP Marga Prohens, os dous partidos propuxeron conxuntamente a Lle Senne, avogado e economista que concorreu ás eleccións do 28 de maio no sétimo posto da lista de Vox por Mallorca.

Lle Senne é coñecido nas redes pola súa belixerancia contra o feminismo e mesmo chegou a cuestionar as partidas que se dedican a combater a violencia machista. Tamén critica o colectivo LGTBI, a lingua valenciana, e é un negacionista da Covid.

 As opinións polémicas sobre cambio climático, axenda 2030, educación e inmigración tamén caracterizan o seu discurso.

No seu artigo máis recente en mallorcaDiario, portal informativo co que colabora desde a primavera do ano pasado, este avogado e economista sostén que "a defensa da nación española" pasa polo rexeitamento da "orde mundial globalista" caracterizado "por un fanatismo ecoloxista que coloca o clima e os animais por riba dos seres humanos".

"Constatamos a subida da luz e os alimentos, pero non tanto a do mar nin a das temperaturas, con profecías cuxo cumprimento non fan máis que atrasarse", escribiu no mesmo texto.

No anterior artigo, publicado en plena campaña electoral, en que concorría como número sete da lista de Vox por Mallorca, aseveraba: "Os europeos en xeral estamos a ser substituídos polos africanos".

"En España -continuaba- entre hispanos e africanos non está claro onde acabará a cousa, pero si que os nativos estamos cada vez máis en perigo de extinción, aínda que a progresía se preocupa por lobos e cervos, pero non polos humanos, porque 'somos unha praga'".

Foi moi crítico tamén co que considera unha deriva negativa da educación. "As escolas convertéronse en centros de lavado de cerebro, onde basicamente se entretén ou estabula as criaturas mentres, en lugar de coñecementos, se lles ensina a obedecer as consignas do poder", recolleu noutro texto.

Como o seu partido, considera unha intoxicación a "ideoloxía de xénero" e rexéitaa no ensino: "Xa saben de que vai isto do xénero: nenos e nenas son iguais e ata intercambiables. Non importa que sexa incoherente e contrario á bioloxía máis básica e evidente".

Tamén Le Senne, quen se cualifica de "católico liberal", criticou con severidade a educación sexual nos colexios. Con ironía, escribía hai un ano: "En calquera caso, será moi interesante ver en roda a nenos amosando os seus penes, ou polo menos facendo o xesto.  Pero se é unha parte do corpo como calquera outra, por que non amosala? Que mellor modo de acabar coa vergoña!"

Parafraseando o título dun libro, escribiu un artigo co encabezamento 'A Transición Enerxética, crime de Estado', e deixou escrito sobre a cultura da nación: "Non somos perfectos, e está feo compararse, pero a cultura española é superior a moitas outras. Case todas".

Tamén considera, ou polo menos así o publicaba en 2022, que "a Axenda 2030 é o maior plan socialista de todos os tempos", e vaticinaba que se a esquerda perdía o poder podería propiciar a desorde social: "Xa nos coñecemos: en 1934, o PSOE e a Esquerra rebeláronse contra a vitoria electoral da dereita".

"Desde o Prestige ata o 1-O, cada vez emprégase máis a violencia (de baixa intensidade, afortunadamente) e a axitación", asegurou.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade