Galicia amplía ata 2030 a moratoria do eucalipto pero introduce "flexibilizacións" para "aumentar a produtividade"
Galicia amplía ata 2030 a moratoria do eucalipto pero introduce "flexibilizacións" para "aumentar a produtividade"
A Xunta di que "non significará un incremento total da especie en Galicia"
A conselleira do Medio Rural anunciou este xoves que a Xunta ampliará ata 2030 a moratoria de eucaliptos, pero a limitación "flexibilizarase“ para “aumentar a produtividade".
“A moratoria continuará ata 2030, pero tentaremos flexibilizar esas plantacións”, dixo María José Gómez, e engadiu que “isto non significará un incremento total do eucalipto en Galicia”.
O anuncio fíxoo a conselleira acompañada polo secretario xeral da Oficina de Coordinación Económica de Presidencia, Juan Carlos Reboredo e polo director de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan.
Esta moratoria ao eucalipto, contida na lei de recuperación de terra agraria de Galicia, estableceu a prohibición temporal a novas plantacións desta especie a partir de xullo de 2021 e ata terminar 2025. A moratoria prológanse 5 anos, ata 2030, aínda que con dúas novidades.
A través da lei de medidas que acompañará aos orzamentos de 2026, "flexibilizarase a situación actual co único fin de aumentar a produtividade” e “evitar o abandono” das terras agrarias e forestais.

A "flexibilización" permitirá crear novas masas en dous casos. Por unha banda, permitiranse novas plantacións para substituír as existentes, a condición de que a parcela inicial se transforme en coníferas ou frondosas e a superficie da nova plantación non supere o 75% do eucalipto que había inicialmente. Este medida poderá facerse entre diferentes propietarios, o que conselleira destaca que é unha novidade respecto a a lexislación vixente.
O segundo dos supostos pasa por ofrecer aos propietarios de piñeiros afectados pola banda marrón substituír ata un máximo do 50% desas plantacións por eucalipto durante unha quenda de corta.