Publicador de contidos

Publicador de contidos

As modificacións da feira en Vilagarcía xeran posicións enfrontadas entre comerciantes

As modificacións da feira en Vilagarcía xeran posicións enfrontadas entre comerciantes

Algúns feirantes foron relocalizados na rúa Arcebispo Lago e quéixanse os comerciantes porque tapan os seus locais

Este martes foi o terceiro día con feirantes na rúa Arcebispo Lago en Vilagarcía
G24.gal 18/04/2023 14:07

Este martes é o terceiro día de feira en Vilagarcía, coa nova localización de postos de venda adoptada polo Concello. O cambio supuxo instalar nesta rúa do Arcebispo Lago os comerciantes ambulantes que martes e sábado ofrecían o seu produto en prazas próximas.

Entre os comerciantes que teñen o seu local de negocio nesta zona, a maioría evitou contalo publicamente,  encontramos quen considera positivo o cambio e quen está en contra de telos nesta rúa remodelada.

"Peonalizan unha rúa e agora poñen os postos que tapan os locais e que non limitan para traer a mercancía. O mercado ten que estar onde estivo sempre", din desde unha panadería.

A propietaria da mercería di: "Non entendo por que fan unha rúa peonil que quedou accesible e agora o mercado déixano baleiro e poñen o mercado na rúa peonil. Pero, vaia... o Concello é o que fai e manda".

Outros comerciantes da rúa din que é pronto para avaliar os efectos na súa actividade e engaden que non teñen nada contra a presenza dos colegas ambulantes. Entre estes predomina que non hai queixa pola nova localización e mesmo hai quen ten razóns para valorar o cambio.

"Nós non temos ningún problema non ninguén. Ao revés. E queremos traballar, porque xa estivemos sete meses sen ingresos, aguantando se viñamos para onde nos dixeran, pois alí dentro. Non temos problema. Estamos a gusto".

"Penso que non quedan tan mal, pero... amola que se che poñan diante do teu local. E que lle imos facer? Nós non temos culpa".

A queixa dos comerciantes á que se refire a vendedora ambulante tratan de minorala tendo descuberta toda a contorna dos postos da feira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade