Cargando resultados...
As luces de Nadal prenderanse en Vigo o 20 de novembro

G24.gal
07/11/2021 17:16
As atraccións de Nadal xa van tomando forma na cidade de Vigo, onde o próximo día vinte se prenderán as luces.
Este sábado, o alcalde Abel Caballero visitou a zona onde xa está a estrutura da nora xigante e o guindastre para colocala. Tamén visitou o futuro tobogán de neve artificial instalado na rúa Areal.