Publicador de contidos

Publicador de contidos

As lendas achéganse para o encontro desta noite en Balaídos

As lendas achéganse para o encontro desta noite en Balaídos

Mazinho, Makelele, Míchel Salgado, Sergio Álvarez, Figo..., todos falaron na previa do encontro

G24.gal 30/08/2023 14:22

Día moi importante para o celtismo, esta noite ás 21:00 xógase en Balaídos o encontro de lendas que podrá seguirse na G2 e en G24.

O acto comezou cunha conferencia de prensa en que Míchel Salgado tomou a voz cantante, mais estivo ben acompañado por Sergio Álvarez, que será o capitán das lendas celestes, e Figo, unha das estrelas dos All-World.

O lateral tamén se mollou no relativo aos capitáns. Mentres que nos locais será Sergio Álvarez, nos All Star do resto do mundo non o teñen tan claro, mais sabe cal será o criterio que rematará impoñéndose: a idade.

Sergio foi algo máis serio e recalcou o orgullo que significa poder ser o capitán deste equipo.

"É un partido único, que debemos gozar. Fará este escudo aínda máis grande, será sempre recordado na historia do R. C. Celta".

Despois do posado falaron exlendas celestes como Makelele ou Mazinho. O astro brasileiro resaltou o desexo de que o seu fillo maior, Thiago Alcántara, tamén remate vestindo a camiseta celeste.

"O Celta para a miña familia significa fogar"

A anécdota graciosa deixárona o presidente Caros Mouriño e un Figo que lle recalcou que "aínda está aberto o mercado de fichaxes", por se quería fichalos. O presidente respondeulle admitindo que ía estar atento ao que sucedese en Balaídos, mais Morientes remataría a conversa, pois "entre os 15 que estamos non facemos un só xogador".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade