Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixan as infeccións e o ritmo de contaxios pero repuntan as hospitalizacións

Baixan as infeccións e o ritmo de contaxios pero repuntan as hospitalizacións

Aumentan os ingresos por covid–19 en camas convencionais

O Sergas notifica o falecemento de oito persoas coa doenza

Hai 596 pacientes en planta (+11) e 45 nas UCI (-2)
G24.gal 13/02/2022 10:14

A situación epidemiolóxica continúa mellorando en Galicia, cun descenso das infeccións e do ritmo de contaxios. Porén, aumentan os ingresos hospitalarios de persoas coa covid–19.

Nestes momentos, hai 42.211 casos activos, 3.825 menos ca este sábado. Segundo os datos facilitados polo Sergas, nas últimas horas diagnosticáronse 2.144 novos positivos, 735 menos dos rexistrados na xornada anterior.

De novo, os contaxios baixan en todas as áreas sanitarias.

Presión hospitalaria e falecementos

Un dos datos negativos da xornada chega dos centros hospitalarios, onde permanecen un total de 641 pacientes coa doenza, nove máis ca un día antes.

Aumentan os ingresos en planta (+11), onde hai 596 camas ocupadas e diminúen nas unidades de coidados intensivos (-2), onde quedan 45.

Ademais, nas últimas horas as autoridades sanitarias notificaron oito falecementos de persoas infectadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar