Publicador de contidos

Publicador de contidos

As illas Cíes e Ons, ateigadas de turistas en agosto

As illas Cíes e Ons, ateigadas de turistas en agosto

Moi complicado lograr pasaxes en barco para as illas atlánticas este mes: esgotadas para as Cíes ata o 29, e para Ons ata o 16

G24.gal 07/08/2022 13:37

O tempo acompaña e iso sempre é un bo reclamo para o aumento da actividade turística, aínda que no caso das illas atlánticas non é necesario. De feito, xa non hai pasaxes dispoñibles ata o 29 de agosto no caso das Cíes. 

Ons ten esgotada a cota ata o día 16 deste mes. E para despois as pasaxes que quedan son moi escasas.

Para facilitar o acceso ás illas agora no verán hai saídas desde Vigo, Cangas, Baiona, Sanxenxo e Portonovo. No caso de Ons pode facerse en agosto desde Vigo, Bueu, Sanxenxo e Portonovo e tamén Pontevedra en fins de semana e festivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos