Publicador de contidos

Publicador de contidos

As grandes eléctricas recorren o imposto ás enerxéticas ante a Audiencia Nacional

As grandes eléctricas recorren o imposto ás enerxéticas ante a Audiencia Nacional

Pensan que este tributo "penaliza un sector clave para impulsar o necesario cambio do modelo enerxético"

Din que é incoherente desde o punto de vista fiscal porque "grava ingresos que xa estaban regulados pola Administración pública"

G24.gal 16/02/2023 13:08

A Asociación de Empresas de Enerxía Eléctrica anunciou este xoves a súa decisión de interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante a Audiencia Nacional contra o imposto extraordinario e temporal ás grandes enerxéticas impulsado polo Goberno.

Esta asociación reúne ás principais eléctricas de España como Iberdrola, Endesa e EDP, e cualifica de "discriminatorio e inxustificada" esta prestación que grava os ingresos nno regulados en territorio nacional cun tipo do 1,2 %.

Para Aelec, este tributo "penaliza un sector clave para impulsar o necesario cambio do modelo enerxético", ademais de consideralo incoherente desde o punto de vista fiscal porque "grava ingresos que xa estaban regulados pola Administración pública". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade