Cargando resultados...
As filloas, as raíñas da mesa no Entroido
En Lestedo e na comarca da Barcala honran esta sobremesa cunha festa gastronómica
G24.gal
14/02/2026 15:30
As filloas son as raíñas das mesas do Entroido. O máis difícil é poñerse de acordo sobre cales son as máis saborosas, se as da pedra, finas e crocantes, ou as das filloeiras de ferro, máis húmidas.
Fundicións e marmorerías seguen fabricándoas como antano para un mercado tradicional que se mantén, sobre todo, no concello de Lestedo e na comarca da Barcala con cadansúa Festa da Filloa.