Publicador de contidos

Publicador de contidos

45 días despois, cesou a chuvia e volveu saír o sol

45 días despois, cesou a chuvia e volveu saír o sol

Tras nove borrascas seguidas neste 2026, só un día sen precipitacións e miles de incidencias por mal tempo, chega o sol a Galicia para dar unha tregua de apenas unhas horas

G24.gal 14/02/2026 16:53 Última actualización 14/02/2026 17:08

Existir existe, pero tardou tanto en aparecer este ano, que esta tregua solleira foi un auténtico agasallo.

Paseos, terrazas cheas onde deixamos atrás por unhas horas o paraugas e incluso ós abrigos. Este sábado era día de gafas de sol, gorras e un senfín de plans.

Un auténtico agasallo tamén para os hostaleiros. Moitos volvían sacar as terrazas ao aire libre tras meses con poucos ingresos e bastantes perdas.

Xornada tamén para retormar os deportes ao aire libre. Algúns ciclistas, nin se lembraban do tempo que levaba a súa bicicleta sen saír da casa.

Máis o norte, en Betanzos, mesma estampa. Aínda que algúns aproveitaron para arranxar os desperfectos que deixou este tren de borrascas.

Foron nove seguidas neste 2026. Nos paseos marítimos o paso dos temporais era evidente, pero hoxe tocaba desfrutar e recargar pilas e vitamina D, para afrontar o que queda de inverno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar