Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os folións animan o sábado de entroido en Chandrexa de Queixa

Os folións animan o sábado de entroido en Chandrexa de Queixa

O entroido espállase este sábado por toda a xeografía da provincia de Ourense

En Chandrexa de Queixa celebran o día grande cun desfile de folións e comida popular

G24.gal 14/02/2026 15:01 Última actualización 14/02/2026 15:20

Nove folións danse cita este sábado en Chandrexa de Queixa, no que é o día grande do entroido neste concello do macizo Central ourensán.

Aos anfitrións, sumáronse folións de Trives, Castro Caldelas, a Veiga e tamén da comarca de Valdeorras.

Chegaron ata Chandrexa desafiando o frío e a neve coa que amenceu este sábado a alta montaña ourensá.

Combaten o frío a golpe de bombos e aixadas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade