Publicador de contidos
Publicador de contidos

As feiras non pasan de moda

As feiras non pasan de moda

A clientela busca as últimas tendencias a prezos asequibles

G24.gal 16/05/2024 14:37

Se algo é común nas feiras do país neste tempo é que os postos dos renovos estean ateigados de xente mercando hortalizas e verduras para plantar. Nós achegámonos hoxe á feira do Carballiño, onde tamén puidemos comprobar que os vendedores están moi modernizados.

As feiras non pasan de moda.. De feito moitas veñen mercar aquí as últimas tendencias, hai roupa bonita e barata, din as clientas.

Bizums, reels en Instagram, directos en Facebook... A innovación tecnolóxica chegou tamén ás feiras do país. Eli busca uns zapatos cómodos e, de paso, socializa.

Nesta feira chuviosa non foron moi animadas as vendas. José Manuel quere unha fouce para cortar herba, que non deixa de crecer.

Hoxe os postos ateigados son, como era de agardar neste tempo, os de plantación. Veñen mercar os tomates, pementos, cabaciñas para poñer na horta.

E non hai mercado, sen un bo polbo á feira, e máis no Carballiño, onde, din, é o máis rico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade