Publicador de contidos

Publicador de contidos

As farmacias hospitalarias subministran os novos antivirais contra a covid aos pacientes vulnerables

As farmacias hospitalarias subministran os novos antivirais contra a covid aos pacientes vulnerables

Cun 95,5 % de vacinados e cos novos medicamentos a mortalidade por covid arestora redúcese no noso país a cifras testemuñais

A presión hospitalaria mantense estable por riba dos 700 ingresos por coronavirus

G24.gal 29/04/2022 10:26

O Sergas contabiliza a día de hoxe máis de 17.000 persoas con infección activa por covid en Galicia. As cifras reais poderían ser maiores, porque nesta fase de transición á normalidade as autoridades sanitarias consideran que xa non é necesario un cómputo exhaustivo dos casos.

Non se cansan de insistir as autoridades sanitarias que nesta nova fase o importante xa non son as incidencias, senón os datos das UCI, que están baixo control, hoxe por baixo do 4 %.
Hai máis dun 95 % da poboación vacinada, hai novos medicamentos moi eficaces, así que hai que ser prudentes, pero a gravidade da situación non ten nada que ver coa do inicio da pandemia.

As farmacias hospitalarias dispensan os novos fármacos contra a covid 

Recéitanos -o médico de cabeceira ou no hospital- a pacientes non vacinados maiores de oitenta, non vacinados maiores de 60 con patoloxías importantes ou poboación vacinada pero sometida a tratamentos que comprometen a súa inmunidade.

Os novos antivirais combinan dous principios activos e supoñen cinco días de tratamento (tres pastillas pola mañá e tres pola noite, agás no caso de patoloxía renal, onde hai que inxerir unha menos por quenda).

Os pacientes reciben así no domicilio as pastillas e as instrucións. Un cambio importante no tratamento da covid, que vén reducir aínda máis as porcentaxes de patoloxía grave por coronavirus, moi minguadas xa grazas ás vacinas.

Mesmo nos casos onde o paciente non vai ben, explica o doutor Adolfo Baleira, xefe de Pneumoloxía da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, "é pouco probable que o coronavirus estea interferindo moito na evolución do seu cadro. Non temos demasiado problema a nivel hospitalario coa infección covid agora mesmo".

Si hai, explican, problemas -non moi frecuentes- cos non vacinados e inmunodeprimidos, para os que se indican precisamente os novos medicamentos.

No resto, insisten, a enfermidade cursa asintomática ou cunha infección banal que comparan cunha gripe ou un catarro forte.

Que as incidencias poidan ser maiores que as que reflicten os datos oficiais non importa, mentres a situación sexa estable nos hospitais.

Os médicos opinan que nin se pode falar de sétima onda nin a repunta actual das incidencia supón de ningún xeito unha volta atrás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade