Publicador de contidos

Publicador de contidos

A presión hospitalaria mantense estable por riba dos 700 ingresos por coronavirus

A presión hospitalaria mantense estable por riba dos 700 ingresos por coronavirus

Os casos activos seguen aumentando e xa pasan dos 17.500

O Sergas notificou tres novos falecementos por mor da covid-19 nas últimas 24 horas

G24.gal 29/04/2022 10:24

A presión hospitalaria mantense estable por riba das 700 hospitalizacións ao sumar só un novo ingreso en planta. Así, segue igual ca o día anterior o número de persoas ingresadas nas UCI. En total, hai 682 e 21 persoas hospitalizadas, respectivamente.

Pola súa parte, notificáronse 1.729 contaxios novos nas últimas 24 horas, que se reparten nas distintas áreas sanitarias da seguinte maneira:

En canto aos casos activos, estes volven subir, e chegan a 17.651 (+963) as persoas con coronavirus en Galicia.

Sergas notificou tres decesos por mor da covid-19 nas últimas 24 horas, que alzan a cifra a 3.339 falecementos desde o inicio da pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade