Publicador de contidos

Publicador de contidos

As familias xa poden solicitar as axudas para coidadores do programa Respiro Familiar

As familias xa poden solicitar as axudas para coidadores do programa Respiro Familiar

Esta convocatoria está aberta ata o 15 de outubro 

A anterior beneficiou 982 persoas, atendendo todas as solicitudes rexistradas

Eduardo Parra/Europa Press Eduardo Parra/Europa Press
G24.gal 04/06/2025 13:26

A Xunta de Galicia lembra que xa está aberto o prazo para que as familias coidadoras que o desexen poidan solicitar as achegas económicas correspondentes ao programa Respiro Familiar.

Segundo destacan nun comunicado, a través desta nova convocatoria que está aberta ata o 15 de outubro, os coidadores habituais poderán acceder a prestacións para a contratación dun servizo a domicilio ou para estancias temporais en residencias ou centros de día, co obxectivo de facilitar o seu descanso e conciliación.

O programa Respiro Familiar ofrece axudas de 1.500 euros para estancias temporais en residencias ou de 1.000 euros para contratar os servizos puntuais en centros de día ou a atención dun coidador no propio domicilio.

O Goberno galego destina a esta iniciativa un orzamento inicial de 1,1 millóns de euros para as tres modalidades que se contemplan na iniciativa e que na anterior convocatoria do 2024 beneficiou 982 persoas, atendendo todas as solicitudes rexistradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade