As familias xa poden recoller nas farmacias tests gratis para os nenos
En Galicia hai uns 150.000 cidadáns de entre 5 e 11 anos
Galicia é a comunidade con maior porcentaxe de nenos vacinados
O segundo test de antíxenos que o Servizo Galego de Saúde ofrece de balde para os menores de 5 a 11 anos xa está dispoñible desde hoxe nas farmacias.
Malia que son moitos os que aínda hoxe non coñecían esta nova dispoñibilidade dos tests, nas farmacias nos últimos días multiplicáronse as consultas para solicitalos.
Ante o alto número de contaxios, os proxenitores consideran importante facer este cribado antes do regreso o luns ás aulas. A súa realización é sinxela e faise directamente na casa.
No caso de dar positivo, deberá confinarse o menor e informar o Servizo Galego de Saúde para que confirme o diagnostico a través dunha PCR.