Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia é a comunidade que vacinou máis menores de doce anos

Galicia é a comunidade que vacinou máis menores de doce anos

Supera en máis de 20 puntos a media española 

G24.gal 07/01/2022 16:48

Galicia está á cabeza das comunidades con maior porcentaxe de nenos de entre cinco e once anos vacinados. Máis da metade xa recibiu a primeira dose da vacina pediátrica de Pfizer.

Estamos máis de vinte puntos por riba da media do Estado en vacinación infantil e somos tamén a comunidade coa maior porcentaxe de poboación maior de 12 anos inmunizada. O 94 % ten a pauta completa, segundo o último informe do Ministerio de Sanidade.

O Sergas a partir do luns seguirá coa citación dos menores. A previsión é que a mediados de xaneiro teñan a primeira dose da vacina contra o coronavirus en Galicia máis do 90 % dos nenos de entre 5 e 11 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade