As familias triplican en dez anos o gasto en clases particulares
Prefiren recortar outros gastos ante que prescindir delas
Buscan reforzar ou perfeccionar os coñecementos dos fillos
Cada vez máis familias recorren ás clases particulares. En España un 24 por centos dos alumnos de primaria fano.
Na última década o investimento neste tipo de formación triplicouse e as familias prefiren reducir noutros gastos antes que renunciar a ela.
Os pais buscan o tempo ou a preparación que eles non teñen para axudar os fillos e o reforzo para que poidan superar a formacion regrada. Porén aparecen outros perfís e cada vez hai máis casos que buscan unha atencion máis personalizada para ampliar e perfeccionar os seus coñecementos.
Esta educacion é unha tendencia a nivel global. En xeral os pais pensan que investir en clases privadas é darlles máis oportunidades aos fillos para competir no mercado educativo e laboral.