Publicador de contidos

Publicador de contidos

As familias do Vila de Pitanxo negan que existan negociacións cos acusados

As familias do Vila de Pitanxo negan que existan negociacións cos acusados

Este venres a armadora Pesquerías Nores, o patrón Juan Enrique Padín e a aseguradora do Vila de Pitanxo ofrecéronlles 6,2 millóns de euros

As familias reclaman xustiza e unha sentenza que condene os culpables do afundimento

G24.gal 31/10/2026 13:52 Última actualización 31/10/2026 14:36

A través da voceira das vítimas, María Xosé do Pazo, filla dun dos 21 falecidos no naufraxio de Terranova en febreiro de 2022, comunicóuselles aos medios que os familiares negan que existan negociacións e rexeitan falar de cartos mentres manteñen, así o levan facendo cinco anos, a esixencia dunha sentenza xusta.

Este venres a armadora Pesquerías Nores, o patrón Juan Enrique Padín e a aseguradora do Vila de Pitanxo ofrecéronlles 6,2 millóns de euros, e así se publicou nos medios. As vítimas, a maioría con grandes necesidades económicas, agardarán a sentenza xudicial. Seguen conformes co auto de apertura do xuízo oral, decretado en xullo polo xuíz instrutor da Audiencia Nacional, cuxa fiscalía pide nove anos de cadea para cada un dos tres acusados e máis de 44 millóns de euros en indemnizacións.  

A reunión celebrouse na biblioteca muncipal de Marín coa prezenza do avogado e das familias das 21 vítimas do Vila de Pitanxo. Este sábado saen ao paso das informacións nos medios e comentarios nas redes sociais sobre o ofrecemento da aseguradora, armadora Pesquerías Nores e o patrón Xosé Enrique Padín de 6,2 millóns de euros en concepto de indemnizacións. As familias negan que exista unha negociación.   

"Non estamos negociando nada nin temos reunión con ninguén. O noso obxectivo é o mesmo ca hai catro anos e nove meses: Pedir xustiza, pedir un xuízo xusto e unha sentenza que faga responsables e con pena condenatoraia aqueles que son culpables de que nos falten os 21." explica María Xosé de Pazo, voceira das familias. 

En febreiro de 2022, en augas de Terranova, a 450 quilómetros da costa canadense, o Vila de Pitanxo naufragaba e afundíase completamente. Dos 21 falecidos só se recuperaron nove corpos. Hai pouco máis de tres meses o xuíz instrutor da Audiencia Nacional comunicou o auto de apertura do xuízo oral. As familias das vítimas din estar satisfeitas co seu contido. As acusacións escriben que o motor do pesqueiro escorou, supostamente, pola sobrecarga. A fiscalía pide nove anos de cadea para cada un dos acusados aos que lles imputa 21 delitos de homicidio por imprudencia grave. A finais de xullo pediu que depositasen 44 millóns de euros como fianza para garantir as posibles indemnizacións.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade