Publicador de contidos

Publicador de contidos

As familias do Pitanxo agradecen o seu testemuño á tripulación do Praia de Menduíña

As familias do Pitanxo agradecen o seu testemuño á tripulación do Praia de Menduíña

Salientan as declaracións na Audiencia Nacional e o rescate de sobreviventes e cadáveres

G24.gal 01/12/2022 13:57

O Playa de Menduíña 2 abastecíase xa hoxe para a súa próxima marea. Os familiares dos tripulantes do Villa de Pitanxo non saben xa como agradecerlles tanta implicación cos seus testemuños e co seu rescate de vivos e mortos.

Pouco máis quixo dicir María Xosé de Pazo, voceira das familias, só que o patrón e a armadora dixeron que no barco ían 22 persoas, e foron 24.

Máis contundente foi Kevin González, que dixo que xa perdeu a súa capacidade de asombro e que ás veces semella que están diante dunha mafia. O cúmulo de supostas irregularidades foi tal que segundo Kevin rematou en traxedia.

Kevin tamén apuntou que os mariñeiros traballan nesas condicións porque precisan os cartos e que algunhas empresas só se moven por incrementar as ganancias á conta do que sexa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade