Publicador de contidos

Publicador de contidos

As familias das vítimas do Villa de Pitanxo reclaman "toda a verdade" un ano despois

As familias das vítimas do Villa de Pitanxo reclaman "toda a verdade" un ano despois

O 15 de febreiro fará un ano do naufraxio en que morreron 21 mariñeiros en augas de Terra Nova

As familias acusan a empresa armadora de ocultar a verdade desde o primeiro momento da traxedia

O Goberno comezou a licitación para os traballos de localización e inspección do barco.

G24.gal 12/02/2023 15:06 Última actualización 12/02/2023 15:24

O 15 de febreiro fará un ano do naufraxio do Villa de Pitanxo, no que perderon a vida 21 mariñeiros. As súas familias reviven a traxedia cunha mestura de dor e indignación polo trato que, segundo din, recibiron por parte da empresa armadora.

Só tres dos 24 tripulantes conseguiron sobrevivir: o patrón do buque, o seu sobriño e un mariñeiro de orixe ghanesa. Este último desmentiu que o barco fora a pique por unha parada do motor, tal como declarara o patrón, que está sendo investigado na Audiencia Nacional por supostos delitos de homicidio por imprudencia e contra a saúde dos traballadores. As familias seguen esixindo respostas.

O Goberno comezou a licitación dos traballos para baixar ata a zona onde afundiu o barco, a 250 millas de Terra Nova, para atopar probas sobre os motivos do accidente.

As familias din que é un primeiro paso para saber a verdade pero que non van parar na súa loita ata que se faga xustiza. O próximo venres 17 vaise celebrar en Marín unha homenaxe aos 21 falecidos, coa colocación dunha placa na súa lembranza, nun acto en que van participar todas as familias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade