As familias compran menos no supermercado pero gastan máis pola escalada dos prezos
Un estudo di que os consumidores apostan polas marcas brancas e polas ofertas para conter o gasto
Pasar pola caixa dun supermercado obriga a facer equilibrios na economía familiar.
"Cada día que vés á compra é mais cara".
Os datos falan por si mesmos. Os fogares mercaron o pasado mes de xullo case un 1 % menos que hai un ano pero gastaron na compra un 11,3 % máis.
"Hai que adaptarse e facer miragres".
E é que hai produtos coma o azucre que está un 35 % máis caro ca hai un ano. Tamén o arroz ou a aceite que subiu un 15,4 % en pouco máis dun mes.
"Non se vai poder cociñar con aceite de oliva".
A escalada de prezos está mudando os hábitos dos consumidores. Aumenta a venda de marcas brancas, que duplica as de fabricante.
"Hai que mirar moito. Mercar marcas brancas".
E tamén miramos máis as ofertas e promocións.
"Hoxe aquí está de oferta o salmón e tiña trinta persoas diante".
Máis promocións para non seguir perdendo clientes. É a previsión das do sector da distribución cara á unha costa de setembro que obriga as familias a botar contas.